Vocabulario para principiantes



VOCABULARIO


ABA: Ladeira dun monte.

ADIVAL: Corda grosa e longa.

AIXOLA: Ferramenta propia dos carpinteiros usada para desbastar a madeira.

ANTA: Denominación que recibe en Galicia e Portugal o momumento megalítico coñecido universalmente co nome de dolmen . Xeralmente acóchase no interior dunha mámoa.

APOTROPAICO: Díse dun obxecto ao que se atribúe a propiedade de desviar as influenzas maléficas.

ARA: Altar no que se ofrecen sacrificios.

ARQUEOLOXÍA: Do grego arkaios (antiguo) e logos (tratado, cencia). Así, cencia que estuda a antigüedade a través dos restos materiais que deixou o home: arte, ruínas, etc.

ATÁVICO: Tendencia a imitar ou manter formas de vida ou costumes arcaicos.

BETILO: Pedra sin labrar ou tallada rudimentariamente, xeralmente de forma cónica. Pode ser símbolo dunha divinidade ou a divinidade mesma.

BISEL: Bordo cortado oblícuamente.

CAMPANIFORME: Tipo de vasilla en forma de campá, orixinaria do SE da Península Ibérica, pero extendida por toda Europa.

CASTRO: Aldea ou recinto fortificado da Galicia prehistórica, de forma oval ou circular, de carácter defensivo, provisto de un ou de varios muros concéntricos precedidos xeralmente dun foxo, e situados case sempre no cume ou na aba dos montes. As construcións adoitan ter planta circular ou rectangular.

CATA: Do grego kata. Formación de palabras que expresa “cara a abaixo”.

CAZOLIÑA: Buraco con forma de cazo pequeno.

CICEL: Instrumento de ferro (neste caso de pedra) empregado para labrar pedras a golpe de maza.

CICLÓPEO: Díse do muro de aparello formado por cachotes de pedra de enorme tamaño, colocados xeralmente sen ningún tipo de argamasa.

CÍNIFE: Mosquito.

CISTA: Enterramento prehistórico formado por esteos verticais sobre os que descansan outros horizontais, pero xa cercanos ás tumbas históricas en canto ás dimensións.

COIRAZA: Todo o que serve para protexer algo.

CORREDOR: Parte dun habitáculo que establece comunicación entre varios compartimentos.

CROMLECH: Do gaélico cromlech que significa círculo de pedra. Do bretón kroum (coroa) e lech (pedra). Conxunto de pedrafitas dispostas formando un círculo.

CTÓNICO: En relación co mundo superior, as divinidades ctónicas representaban a vida que se manifesta sobre a terra; respecto das profundidades, eran consideradas como deusas dos Infernos. Estas divinidades infernales eran Zeus, Hades, Deméter, Perséfone, Hécate, as Erinias, etc. As sectas órficas, adoradores destas divinidades, crían na inmortalidade e na reencarnación.

CHAIRA: Terreo chan de certa extensión, planicicie.

CHANTA: Lousa que se crava no chan, chanto.

CHAPAPOTE:Alcatrán, brea, asfalto.

DEVANCEIRO: Antepasado, proxenitor.

DOLMEN: Provén do bretón tolmen: tol (mesa) e men (pedra). Moimento megalítico construído con pedras colocadas verticlamente e unha ou varias horizontalmente por riba como teito. En Galicia recibe o nome de anta, arquiña, cova, arca, antela...

EDAFOLOXÍA:Do grego edafos (solo). Cencia que trata das condicións dos solos na súa relación coas plantas.

ENEOLÍTICO: Do latín aeneu (de bronce). Período do neolítico de transición ata a Idade do Bronce, no que se comeza a empregar uteis de bronce xunto cos de pedra.

ENXOVAL: Conxunto de pezas que levan os noivos que contraen matrimonio. Nos enterramentos megalíticos consiste no conxunto de pezas que acompañan ao morto nesta outra casa.

EPIGRÁFICO: De epigrafía, cencia do coñecemento e interpretación das inscripcións.

ESTEO: Pilar, pé dereito, columna, estaca.

EXHUMAR: Desenterrar, sacar un cadáver da sepultura. Por extensión, sacar enxovais.

FUSIFORME: Con forma de fuso.

FUNIL: embudo.

GLOBULAR: Pequeno corpo ou obxecto de forma esférica.

GRADE: Aveño de labranza que consiste nun bastidor de madeira formado por traveseiros nos que se atopan os dentes que son os que efectúan o labor de esterroar a terra despois da labra.

HELIOFORME: Do grego helios (Sol); que posúe forma de Sol.

ÍDOLO: Do latín idolu, e do grago eidolon. Imaxe con atributos divinos.

IDOLIFORME: Con forma de ídolo.

ICONO: Elemento grego de formación de palabras (eikonos) que significa imaxe.

IMBRICADO:Díse das cousas que se recobren parcialmente, ao xeito das tellas dun tellado.

INCINERACIÓN: Reducir ou converter unha cousa en cinsa.

INHUMACIÓN: Enterrar, sepultar un morto.

LÍTICO: Do grego lithos (pedra). Relativo ou pertecente á pedra.

LOUSA: Tampa de pedra longa que cobre a anta.

MACHADAS: Ferramenta con mango cortante, máis pequena que o machado.

MÁMOA: Do Latín mammula (teta pequena) ou de mamma (mama). Sepulcro prehistórico da época megalítica formado por unha masa tumular artificial de terra que recobre a anta. Adoita ter planta circular cun máximo de trinta metros de diámetro e non soe sobrepasar os cinco metros de altura.

MAMPOSTERÍA: Obra feita con materiais non uniformes e colocados de xeito que garden unha liña ou unha orde determinada.

MAZA: Antiga arma contundente con mango e unha cabeza grosa.

MEDIOEVO: Período histórico que transcorre aproximadamente entre os séculso V e XV; Idade Media.

MEGALITISMO: De mega (grande) e lithos. Período da prehistoria que se caracteriza pola construcción de moimentos, xeralmente funerarios, a base de pedras de gran tamaño.

MENHIR: Do bretón men (pedra) e hir (longa). Moimento megalítico que consiste nunha pedra vertical chantada no chan que posúe algún tipo de simbolismo. En Galicia coñecese co nome de pedrafita.

MESOLÍTICO: Do latín meso- (medio) e do grego lithos . Corresponde a un período da Idade de Pedra de transición entre o Paleolítico e o Neolítico.

MICROLITO: Pedra pequena.

NECRÓPOLE: Do grego nekros (morto, cadaleito) e de polis (cidade). Cidade dos mortos: emprégase onde hai enterramentos das épocas antigas.

NEOLÍTICO: Do latín neo- (novo) e do grego lithos. Período da Idade de Pedra que segue ao Mesolítico. Caracterízase por ser a Idade da Pedra Pulida. Neste período descúbrese a agricultura e a gandeiría, co que se pasa do nomadismo do paleolítico ao sedentarismo. Aparecen as primeiras cidades.

OPHIUSA: O máis antigo nome aplicado á Península Ibérica. Débese posiblemente aos focenses e o seu siñificado era “país das serpes”.

OUTEIRO: Pequena elevación do terreo, altiño.

PALEOLÍTICO: Do latín paleo- (antigo) e do grago lithos (pedra). Período máis antigo da Idade da Pedra, no que aparecen as primeiras civilizacións humanas, de carácter depredador, e que empregan uteis de pedra tallada.

PEDRAFITA: Pedra chantada, fincada na terra; menhir.

PETRÓGLIFO: De petro- (pedra) e do grego glifo- (siño). Gravado rupestre ao aire libre, seguramente de época prehistórica (Idade do Bronce). En Galicia presenta: espirais, círculos, labirintos, animais, cazoliñas, cadrados, esvásticas, pegadas de animais, etc.

PROTOHISTORIA: Do grego protos (primeiro). Primeira historia; prehistoria.

RITO: Costume, hábito. Conxunto de cerimonias dun culto relixioso.

ROMÁNICO: Estilo artístico que predomina en Europa nos séculos XI, XII e parte do XIII que se caracteriza, en arquitectura, polo emprego do arco de medio punto e a bóveda de canón.

SACHO: Aveño de labranza que consta dunha pa ao cabo dun mango.

SEIXO: Pedra xeralmete lisa, dura e de pequeño tamaño.

SERPENTIFORME: Que posúe forma de serpe.

SÍMBOLO: Siño que representa unha idea ou cousa por razón da semellanza entre o símbolo e o simbolizado.

SOBREIRA: Árbore da familia das cupulíferas de folla perenne e madeira moi dura. Da súa cáscara sae o cortizo.

TAMPA: Lousa de pedra horizontal que cobre outras chantadas verticalmente.

TRABE: Largueiro da parte superior do tear.

VISIGÓTICO: Arte que se caracteriza por empregar un arco de ferradura característico na arquitectura, e por unha gran riqueza na orfebrería.

1 comentario:

  1. Introducir á Terminoloxía ou Tecnicismos é un feito ilustrativo que axuda na esencia da formación na xente interesada "nestas cousas". Un particular acto de boa vontade na educación, expansión e divulgación do Coñecemento.

    Noraboa, Moncho.

    ResponderEliminar