O autor

Breve semblanza curri-biográfica

O meu nome é Ramón Boga Moscoso e actualmente son o responsable do Xacemento romano de Cambre-Oficina de Información Turística Municipal, onde exerzo labouras tanto divulgativas, como administrativass ou de recuperación da nosa memoria.

Nacín en Sigrás no ano 1963 e son licenciado en Filosofía e Cencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela.

Actividades máis salientables como responsable do Xacemento romano:

-Realización da actividade "Xornadas Castrexas". Neste ano 2012 cumplíronse os 10 anos.
-Creación da Fototeca de Cambre (www.fototecacambre.com) con máis de 14000 fotografías recuperadas, escaneadas e catalogadas e máis de 3000 sen catalogar.
-Realización de cinco exposicións de fotografía antiga e a publicación dos correspondentes catálogos, onde aproveito para contar cousas de antes:

  - "Estampas de Cambre. Imaxes para o recordo". Ed. Concello de Cambre. A Coruña 2011.
  -"Estampas de Cambre. Os traballos e os días". Ed. Concello de Cambre e Molduras del Noroeste. A   Coruña 2006.
  - "Estampas de Cambre. Tempo, roupa e memoria". Ed. Concello de Cambre. A Coruña 2008.
  - "Estampas de Cambre. Patrimonio, identidade e diferenza". Ed. Concello de Cambre. A Coruña 2010.
  -"Estampas de Cambre. Elas, eles e demais familia". Novembro de 2012

Tamén realizo os contidos histórico-turísticos da páxina web do concello de Cambre:

-Folleto-políptico divulgativo Axenda-Guía de Cambre. Ed. Concello de Cambre.

-Folleto-políptico divulgativo Roteiros de Cambre. Ed. Concello de Cambre.

-Folleto-políptico divulgativo O Camiño Inglés ou de Faro. Ed. Concello de Cambre. 

Ademais doutras moitas cousas vencelladas coa docencia ás que me adiquei durante máis de dez anos, as miñas publicacións son as seguintes, por orde cronolóxica:

-Historia da Filosofía. Ed. Bruño, Madrid 2000.
-Historia da Filosofía. Ed. Bruño, versión en catalán. Madrid 2000.

-Mapa Histórico-Artístico do Concello de Oleiros. 1992
-Mapa Histórico-Artístico do Concello de Culleredo. 1993
-Mapa Histórico-Artístico do Concello de Cambre. 1994
-Mapa dos Castelos de Galicia. Ed. propia 1996
-Mapa dos Dolmenes de Galicia. Ed. propia, 1998 
-Mapa de Monumentos Antigos de Galicia. Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, 1999.
-Historia do Sporting Cambre. En colaboración. 2007.

-Dolmenes de Galicia. Arquitectura das grandes pedras. Editorial Baía. A Coruña 1997.
-Unidade Didáctica Dolmenes de Galicia. Ed. Baía. A Coruña 1999.

-Unidade Didáctica Xacemento romano de Cambre. Ed. Concello de Cambre 2002.
-Entra en Cambre. Ed. Everest, León 2003. (En colaboración)
-Castelos Medievais de Galicia. Ed. Xerais, Vigo 2003.
-O Xacemento romano de Cambre. Memorias de escavación, traslado e posta en valor. En colaboración con Rosa Benavides e Juan Naveiro. Ed. Concello de Cambre e Xunta de Galicia. 2007.

Permanecen inéditos os dous libros seguintes:

-Os barcos de pedra: a arquitectura abaluartada de Galicia
-Símbolos e simbolismos na Igrexa de Santa María de Cambre

Artigos:
 
-Crónica sobre o Museu Arqueolóxico e Histórico de San Antón. Rev. A Rúa, Boletín de información veciñal, Monte Alto, A Coruña 1997.

-Pinceladas histórico-descriptivas de Cambre: A Barcala. Revista Cambre Comercial. 2003

-Valorización do patrimonio? O caso do Xacemento romano de Cambre. Boletín nº 5 da Asociación de Amigos do Arqueolóxico da Coruña. 2003.

-O Camiño Inglés ou de Faro I. Bol. 7 da Asociación de Amigos do Arqueolóxico da Coruña, 2004
 
-O Camiño Inglés ou de Faro II. Bol. 8 da Asociación de Amigos do Arqueolóxico da Coruña,
 
-Achádego dunha cruz cumial en Santiago de Sigrás. Boletín nº 9 da Rev. da Asociación de Amigos do Arqeuolóxico da Coruña. 2005.

-Deitámonos soñando árbores, despertamos argallando historias. Breve estudo histórico sobre o Campo da Feira de Cambre. Rev. da Asociación de Amigos do Museu Arqueolóxico da Coruña. 2007.

-Historia da música en Cambre. Rev. Sementeira, 2007.
-Esculcando nas pedras.Os petróglifos da Pena da Nosa Señora de Cambre. Bol. 15. Rev. da Asociación de Amigos do Museo Arqueolóxico da Coruña. 2008.

-Sobre un misterioso lintel recuperado en Amil-Cambre. Rev. da Asociación de Amigos do Museo de San Antón. 

-Á procura da memoria. Un comentario arqueo-fotográfico. Rev. da Asociación de Amigos do Museo Arqueolóxico de San Antón.

-Ollando un Pazo, rematei imaxinando unha torre. Rev. da Asociación de Amigos do Museo Arqueolóxico de San Antón. 


Conferencias/outros:
 
-Xeorreferenciación de 2500 Recursos Turístico e Culturais de Galicia. Turgalicia 1999.

-Conferencia "Estaban tolos os romanos? O Caso do Xacemento romano de Cambre". Na Fundación Ortegalia, Ortigueira.

-Conferencia "A Cultura Castrexa". No Museo do Xacemento romano de Cambre, 2003

-Conferencia "Mámoas do Barbanza". Centro Arqueolóxico do Barbanza, Boiro, 2004.
-Conferencia "A Cultura Castrexa". CEIP de Carral, 2005.

-Conferencia "Mámoas do Barbanza". Centro Arqueolóxico do Barbanza, Boiro, 2005.
 
-Conferencia "Estampas de Cambre. Os traballos e os días". IES David Buján, Sigrás-2005. 

-Imparto Curso para o Máster en Técnicas de Xestión Integral do Patrimonio Cultural (1ª Edición), titulado "A valorización do Xacemento romano de Cambre". Universidade de Santiago de Compostela e CSIC. 2006.


-Conferencia "Estampas de Cambre". IES David Buján, Sigrás-2007.

-Relator do "Curso Museografía e Interpretación do Patrimonio". CEIDA-2008 

-Documentación e tragallo de Campo na "Prospección arqueolóxica cara á delimitación de Ben de Interese Culturas de Xacementos Megalíticos das Provincias de A Coruña e Lugo". 2008-2009. Empresa PAST, Dr. Arqueolóxic: Fidel Méndez Fernández. Promotor: Consellería de Cultura e Deporte. 

-Comunicación "As Xornadas Castrexas". I Congreso sobre o Mundo Castrexo, Vimianzo, 2012.

-Asesor científico nas catas arqueolóxicas previas ao arranxo do Campo da Feira de Cambre, 2011.

-Asesor científico nos traballos de seguimento  arqueolóxico das obras no Campo da Feira de Cambre. 2012. 




4 comentarios:

  1. Moncho, permíteme unha suxestión para moverse máis doadamente por esta fermosisima web que estás construíndo:
    Crea un índice por etiquetas de cada artigo. Isto permitiría moverse máis ordenadamente polos teus artigos.
    Por exemplo, creando tres etiquetas básicas: antas, pedras fitas e circos.
    E unha segunda etiqueta que podería levar cada artigo sería a de Comarca ou concello ou provincia, como mellor che parecese.
    Deste xeito, calquera pode buscar máis doadamente na túa web; por exemplo: Antas + da Costa da Morte.
    Unha aperta e sigue adiante con este imprescindible traballo.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Intermedio Galego, primeiro porque che guste o blog; segundo polas túas valiosísimas suxerencias. Bo ano 2013.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bos días Moncho, mándame o teu interno e cho conto fora de estrada. No meu prefil atoparás o meu.
      Unha aperta e xa o falamos con xeito, con calma, cunha cunca de caldo e bo vinho de Perdizes.
      Breves saúdos
      dl·M

      Eliminar
    2. Perdoa a tardanza, o meu correo é o seguinte:
      moncho.boga@gmail.com

      Eliminar