viernes, 5 de junio de 2015

ANTA-DOLMEN O FOXO DO CABRITO, Santa Mariña de Brañas. Toques

ANTA-DOLMEN O FOXO DO CABRITO. Santa Mariña de Brañas, Toques.


Cristina Vázquez e Xurxo Broz, amigos arqueólogos (do Museo Terra de Melide), coñecedores polo miudo desta sobranceira comarca galega, enviáronme, xa hai algún tempo, a fotografía e información ao redor desta anta denominada Foxo do Cabrito, situada no lugar ou aldea do mesmo nome, pertencente á parroquia de Santa Mariña de Brañas, lindeira xa co termo municipal de Palas de Rei.




Segundo antigas informacións recabadas por mín nunha desas furibundas escapadas, parece ser que neste lugar utilizaban o funil de violación dunha gran mámoa, cercana ao Foxo, como trampa para cazar os lobos: poñían no interior do funil un cabrito como cebo e esperaban emboscados a chegada do lobo. Sen embargo, segundo as actualizadas informacións de Cristina e Xurxo, parece ser que na contorna aínda permanecen os restos dun auténtico foxo para cazar os lobos: os veciños coñecen ben a súa ubicación, pero atópase invadido pola maleza, o que fai moi dificultoso o achegarse a él.



Fotografía extraída do blogue megaliticia.


Do interior deste dolmen, segundo un veciño, saía unha galiña cos seus pitos.


A anta Foxo do Cabrito conserva actualmente sete esteos visibles, pero non está a conservar a tampa. Na parte que mira ao sur-surleste ábrese un oco bastante grande entre os esteos que, probablemente, se corresponda coa entrada deste monumento megalítico.


Información e fotografía enviadas por Cristina Vázquez e Xurxo Broz.

5 comentarios:

  1. Noutros lugares ocurría o mesmo, utilizábano como foxo para atrapar ao lobo, coma no Medorriño entre A Madanela e A Saceda, Monterrei - Cualedro, saúdos

    ResponderEliminar
  2. Grazas polo teu comentario, Reigosa. É certo que esta utilización repítese noutras mámoas galegas das que eu teño constancia. Saúdos.

    ResponderEliminar
  3. Así tamén nas mámoas da Serra do Galiñeiro, área onde damos coa ermida de San Vitorio. Escoitei na veciñanza deste uso particular, aproveitando o funil de violación das medoñas que cubrían con cañizo, ficando deste xeito unha plataforma de resistencia limitada sobre a que ubicaban un suxeito bovino como reclamo para cazar o lobo; a plataforna rachaba co peso deste cando se achegaba cazar á ovella ou ao cabrito en cuestión, ficando atrapado no burato mentres quenes lle daban caza cumprían seu cometido no caso.

    ResponderEliminar
  4. Así tamén nas mámoas da Serra do Galiñeiro, área onde damos coa ermida de San Vitorio. Escoitei na veciñanza deste uso particular, aproveitando o funil de violación das medoñas que cubrían con cañizo, ficando deste xeito unha plataforma de resistencia limitada sobre a que ubicaban un suxeito bovino como reclamo para cazar o lobo; a plataforna rachaba co peso deste cando se achegaba cazar á ovella ou ao cabrito en cuestión, ficando atrapado no burato mentres quenes lle daban caza cumprían seu cometido no caso.

    ResponderEliminar
  5. Así tamén nas mámoas da Serra do Galiñeiro, área onde damos coa ermida de San Vitorio. Escoitei na veciñanza deste uso particular, aproveitando o funil de violación das medoñas que cubrían con cañizo, ficando deste xeito unha plataforma de resistencia limitada sobre a que ubicaban un suxeito bovino como reclamo para cazar o lobo; a plataforna rachaba co peso deste cando se achegaba cazar á ovella ou ao cabrito en cuestión, ficando atrapado no burato mentres quenes lle daban caza cumprían seu cometido no caso.

    ResponderEliminar