martes, 18 de junio de 2013

Anta-dolmen en Cotá, Friol: outro impune atentado?

Anta-dolmen en Cotá, Friol: outro impune atentado?


Foi o amigo e compañeiro, de quefaceres blogueiro-arqueolóxicos, Xabier Moure quen me enviou estas ilustrativas fotografías dos posibles restos da arquitectura megalítica monumental dunha anta galega. Atopuonas neste ano 2013 cando estaba a realizar unhas visitas megaliteiras polas brumosas e fermosísimas terras de Friol.





Segundo Moure, esta morea de pedras semellan -consideración que suscribo- os restos dunha anta, tendo en conta a forma e testura dos esteos, a ubicación moi preto dunha necrópole megalítica e ademais nun dos esteos aparecen varias concabidades que moi ben poideran ser cazoliñas.

Como se pode apreciar e deducir, si estamos diante dos restos dun monumento megalítico, tamén estamos diante do enésimo atentado tan salvaxe e e desproporcionado como impune contra o noso patrimonio.




Esta morea de esteos atópanse moi preto da necrópole do Vieiro, na parroquia de Cotá, pertencente ao Concello de Friol.

Fotografías e información extraídas do blogue de Xabier Moure onosopatrimonio

1 comentario:

  1. A iñoranza qué é moi sabia(e brava) pra tanto larpeiro que nada por alí...
    Eses que adouran ídolos nas igrexas e logo fan o que sae do carallo pra a súa vontade.
    Canta pouca capacidade da a incultura.
    Unha pena, Moncho.
    [Seica fora pra reconstituilos non estarían dese xeito, tirados cos ferros pertos pingando a ferruxe]
    Breves saúdos :|´

    ResponderEliminar